Como previr a gripe?

Como previr a gripe?

Vacinarse é a medida principal para evitar a enfermidade.

Lavar as mans con frecuencia é a medida de hixiene máis importante. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.​

• Vacínese. A gripe, e principalmente as súas complicacións, o risco de hospitalización e morte, se reducen mediante a vacinación.

• Lave as mans con frecuencia. Esta é a principal medida de hixiene. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.

• Ensine aos seus fillos e fillas a lavar as mans con frecuencia con auga e xabón, como mínimo durante 40 segundos e ata aproximadamente 1 minuto.

• Lembre que se vostede o fai será un bo exemplo.

• Estas gotiñas tamén poden depositarse en superficies (de mobles, tiradores de portas, obxectos etc.), onde o virus pode permanecer de horas a días: por iso é importante limpar máis frecuentemente (a diario) estas superficies cos produtos de limpeza habituais.

• Tape a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar.

• Recorde evitar tocar os ollos, o nariz e a boca xa que son posibles vías de contaxio.

• Utilice panos desbotables. Se non os ten a man, pode tusir ou esbirrar contra a parte interna do cóbado.

• Mentres estea enfermo, evite o contacto estreito con outras persoas especialmente se presentan algún factor de risco.

• Se está con gripe: quede na casa ata pasar 24 horas sen febre e sen tomar medicamentos que a baixen, a non ser que o seu médico lle faga outra recomendación.

• Pense que no caso de que o enfermo precise saír da casa, se usase unha máscara cirúrxica podería evitar contaxiar aos demais.

 

 

previr-contaxio-LavadoMansXabon.jpg

 

previr-contaxio-LavadoMansAlcohol.jpg 

 

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde