Cales son os beneficios da vacinación?

A vacina protéxete a ti e aos que te rodean

• A vacinación pode evitar que collas a gripe.

• Aínda que a collas esta soe ser máis leve. Ademais, se ocorre que este ano os virus da vacina non se axustan exactamente aos virus que circulan, pode producirse “protección cruzada” que fai que a vacina continúe a ser efectiva na prevención, especialmente da enfermidade grave.

• Diminúe o risco de hospitalización asociada a gripe. Lembra que estimase que en España se produciron 35.300 hospitalizacións con gripe confirmada na tempada 2018-2019, delas detectáronse 2.353 en Galicia.

• Prevén problemas de saúde asociados a procesos crónicos:

• Asociouse a vacinación a índices máis baixos de algúns episodios cardíacos, especialmente naquelas que tiveran un evento cardíaco no derradeiro ano.

• Estudos independentes demostraron que a vacinación antigripal tamén está asociada a unha diminución de hospitalizacións en persoas con diabete ou enfermidade pulmonar crónica.

• A vacinación en calquera trimestre protexe á muller durante e despois do embarazo. Tamén protexe ao bebé durante varios meses tralo nacemento.

• A vacinación pode salvarche a vida: a gripe non é unha enfermidade inofensiva. Estimáronse 6.300 defuncións atribuíbles á gripe na anterior tempada 2018-2019 en España.

• Se te vacinas protexes aos que te rodean, sobre todo a aqueles máis vulnerables, xa que evitas transmitirlles a gripe as persoas nas que a vacina podería ser menos eficaz.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio