Impacto da gripe

A gripe non sempre é leve.

A gripe é unha infección vírica que na maioría das ocasións desenvólvese sen complicacións graves, o que nos pode levar a infravalorar o seu impacto na saúde xeral da poboación.

Con todo, na onda da tempada de gripe 2013/2014 en Galicia, producíronse 45 mortes por gripe e 23 por accidente de tráfico, o que pon de relevancia que a gripe non sempre é leve. Ofrécense os datos da tempada 2013-2014 porque os datos de mortalidade do ano 2015 están en proceso de codificación.

De todos os xeitos, as mortes por gripe coñecidas supoñen só unha fracción das reais, xa que as infeccións polo virus da gripe non adoitan ser confirmadas por laboratorio e o diagnóstico de gripe aparece con pouca frecuencia como causa de morte nos certificados de defunción.

Por iso, para coñecer o total de mortes debidas á gripe utilízanse estimacións por exemplo, no período de 2006 a 2012, considerando as tempadas nas que circulou o Virus A(H3N2), o número de mortes estimadas en Galicia está entre 234 e 861, mentres por accidentes de automóbil nese período faleceron entre 104 e 182 persoas. 

Para máis información pode consultar esta ligazón.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio