Informacion básica da campaña

Novidades:

- Utilización de 3 tipos de vacinas

- Vacinación en puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto​

DATAS DE INICIO E FIN DA CAMPAÑA

​• Data inicio: 13 de outubro

• Data finalización: 31 de decembro.


NOVIDADES MÁIS SALIENTABLES

​• Utilización de 3 tipos de vacinas con catro nomes comerciais:

- Adxuvada trivalente: Chiromas 65 ou máis anos

- Alta carga tetravalente: Fluzone HD 65 ou máis anos en residencias.

- Tetravalentes: Vaxigrip Tetra 6 ou máis meses e menores de 65 anos.

Influvac Tetra 3 ou máis anos e menores de 65.

• Vacinación en puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto.


ADMINISTRACIÓN DA VACINA FRONTE Á GRIPE

Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.

É importante este ano máis que nunca, concertar cita para vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente sen estar citado.


POBOACIÓN DIANA

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.

• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).

• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e puérperas nos primeiros 6 meses tras o parto se non foron vacinadas anteriormente.

• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.

• Nenos de entre 6 meses e dous anos de idade que naceran prematuros (<32 semanas de xestación).

• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).

• Profesionais ou estudantes en práticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.

• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.

• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.

• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.

• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.


PAUTA DE VACINACIÓN

Unha dose (agás os menores de 9 anos, que necesitan dúas no caso de ser a súa primeira vacinación contra a gripe)


DISTRIBUCIÓN DE VACINAS:

Carga inicial

• Os centros pertencentes ao Sergas e hospitais privados recibirán carga inicial de doses sen ter que solicitala.

• Os restantes centros (centros médicos privados, residencias...) deberán solicitar a carga inicial de doses das diferentes vacinas á xefatura territorial da Consellería de Sanidade correspondente.

Días de distribución

• 13 - 23 de outubro: martes/mércores/venres.

• 26 outubro - 31 de decembro: martes/xoves.


SISTEMÁTICA DE PETICIÓNS

Vía web. Prema aquí


REXISTRO DOSES

• Centros pertencentes á rede Sergas: modulo habilitado en IANUS.

• Restantes centros: vía web. Prema aquí


TELÉFONOS DE CONTACTO

Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

• A Coruña: corunavacinas.dlpc@sergas.es

981 082 250 / 981 082 353 / 981 155 822 / 981 082 264

• Lugo: xtlu_vacinas@sergas.es

982 292 117 / 982 292 113

• Ourense: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

988 066 513 / 988 066 347

• Pontevedra: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 885 881 / 986 885 824 / 986 885 826

• Unidade de Vigo: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 817 724 / 986 877 232

Áreas sanitarias

• A Coruña e Cee: 981 178 000 Ext. 297 211 / 291 023 / 981 178 000 / 981 219 100

• Ferrol: 981 334 018 / 981 234 008

• Santiago de Compostela e Barbanza: 981 250 480

• Lugo, Cervo e Monforte de Lemos: 536 299

• Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 988 385 512

• Pontevedra e O Salnés: 986 807 011 / 287 011

• Vigo: 619 606 625