A vixilancia da gripe estacional faise a través de tres sistemas diferentes:
- Rexistros informatizados de gripe na atención primaria do Sergas, que se capturan semanalmente de xeito automático.
- Información microbiolóxica, que se recibe semanalmente no servizo de epidemioloxía, procedente dos servizos de microbioloxía dos hospitais do SERGAS. Pódense consultar recomendacións para a toma e envío de mostras na seguinte (ligazón).
- Ingresos hospitalarios con gripe confirmada, que os servizos de medicina preventiva dos hospitais públicos galegos rexistran directamente nunha aplicación ad hoc, e os hospitais privados fano a través dunha folla de rexistro e unha ficha (ligazón).
- Os informes de actividade gripal da presente tempada poden consultarse en (ligazón).
O obxectivo fundamental é obter unha visión ampla do comportamento da enfermidade e dos virus gripais circulantes.