Informes de actividade gripal

Intensidade: Basal
Difusión: Nula
Tendencia: Estable

Os informes de actividade gripal pódense consultar na seguinte ligazón.

Os indicadores de cualificación da actividade gripal da tempada 2018/19 pódense consultar nesta ligazón

​A vixilancia da gripe estacional faise a través de tres sistemas diferentes:

  • rexistros informatizados de gripe na atención primaria do Sergas, que se capturan semanalmente de xeito automático
  • información microbiolóxica, que se recibe semanalmente no servizo de epidemioloxía, procedente dos servizos de microbioloxía do CHUAC, CHUO, CHOUP e CHUVI. Pódense consultar recomendacións para a toma e envío de mostras na seguinte ligazón
  • ingresos hospitalarios con gripe confirmada, que os servizos de medicina preventiva dos hospitais públicos galegos rexistran directamente nunha aplicación ad hoc, e os hospitais privados fano a través dunha folla de rexistro e unha ficha (ligazón)

O obxectivo fundamental é obter unha visión ampla do comportamento da enfermidade e dos virus gripais circulantes.