Por que hai que vacinarse cada ano?

Porque o virus ten a capacidade de cambiar cada ano as súas proteínas de superficie

A razón pola que temos que vacinarnos cada ano, ou pola que podemos enfermar de gripe varias veces na vida, débese a capacidade do virus da gripe para cambiar na súa superficie: nas proteínas H e N.

Estas proteínas son as que recoñece o noso sistema inmune e contra as que fabrica os anticorpos. Estes anticorpos non son totalmente eficaces ante un virus que sufriu pequenos cambios (o que pasa anualmente) ou poden ser totalmente ineficaces se estes cambios son grandes, xerando así, un novo virus (o que pasaría nas pandemias).

De este xeito a vacina da gripe é a única que temos que reformular cada ano, entrementres non teñamos vacinas dirixidas contra a parte do virus que non varía (vacinas universais), que se están a investigar.​