Premios Campaña de vacinación antigripal 2018

Premios Campaña de vacinación antigripal 2018 (na rede do Servizo Galego de Saúde)


A/. Coberturas en embarazadas

Premios: 4 plazas completas (inscrición, traslado e aloxamento de 2 noites) para asistir a 7th World Congress on Nursing & Healthcare (WCNH-2019), que se celebrará en Londres os días 17 e 18 de Xuño de 2019.

Destinatarias/os

    • Persoal de enfermaría especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona) dos Servizos de Atención Primaria.
    • Persoal de enfermaría dos Servizos de Atención Primaria.

Adxudicatarias/os 

    • 2 especialistas en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona) dos Servizos de Atención Primaria coas coberturas máis altas de vacinación en embarazadas.
    • 2 enfermeiras/enfermeiros dos Servizos de Atención Primaria coas coberturas máis altas de vacinación en embarazadas.


B/. Coberturas en persoas de 65 e máis anos de idade

Premios: 4 becas de 1.000 €

Destinatarios 

•  Servizos de Atención Primaria  (1 por provincia)

Adxudicatarias/os 

• A persona que decida o Servizo de Atención Primaria coa coberturas máis alta de vacinación en persoas de 65 ou máis anos (1 por provincia).

 

C/. Coberturas en persoal sanitario

Premios: 2 becas de financiación para a asistencia ao congreso da Asociación Española de Vacunoloxía (AEV) que se celebrará en Oviedo do 3 ao 5 de outubro do 2019 (inscrición, traslados e aloxamento)

Destinatarios

•  Complexos Hospitalarios do Servizo Galego de Saúde

Adxudicatarias/os 

    1. Responsable de vacinación no Complexo Hospitalario do Servizo Galego de Saúde coas coberturas máis altas de vacinación no persoal médico.
    2. Responsable de vacinación no Complexo Hospitalario do Servizo Galego de Saúde coas coberturas máis altas de vacinación no persoal de enfermaría.

 

D/. Diplomas

A Consellería de Sanidade emitirá un diploma acreditativo a todas as persoas premiadas.

Tamén se entregarán diplomas a:

    • Aos 3 Servizos Hospitalarios de alto risco que obteñan mellor cobertura de vacinación no seu persoal.
    •  Aos 3 profesionais médicos que obteñan a mellor cobertura de vacinación no seu cupo en persoas de 65 ou máis anos.
    • Aos 3 profesionais de enfermería que obteñan a mellor cobertura de vacinación no seu grupo en persoas de 65 ou máis anos.
    • Aos 3 Centros de Saúde (por cada estrato de densidade de poboación segundo o IGE): 1 para zonas densamente poboadas, 1 nas de densidade intermedia e 1 en zonas pouco poboadas) que obteñan a cobertura de vacinación máis alta en persoas de 65 ou máis anos.
    • Á EOXI coa cobertura de vacinación máis alta en persoas de 65 ou máis anos.
    • Á EOXI co maior incremento de cobertura de vacinación antigripal con respecto a campaña 2017 en persoas de 65 ou máis anos.
    • Ao centros do SERGAS (1 por provincia) que acade a maior porcentaxe de doses rexistradas.
    • Recoñecemento especial á persoa que obteña mellores resultados no Programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamadas.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio