Procedemento de solicitude de vacinas

Acceso á páxina de solicitude de vacinas.


Prema nesta ligazón

https://extranet.sergas.es/vaweb/VAWEB/AccesoPeticionesVacunas.aspx?IdPaxina=700263&seccion=0

Todos os usuarios/as deberán ter habilitado o permiso correspondente para realizar a petición de vacinas. Para solicitalo por primeira vez, deberán poñerse en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente (os datos de contacto figuran ao final deste documento).


Centros pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde
Os usuarios/as habilitados accederán introducindo o nome de usuario e o contrasinal que utilizan habitualmente para os equipos do Sergas.

Restantes centros
Deberán acceder ao sistema mediante o certificado dixital.

No caso de que aconteza calquera circunstancia que impida realizar a petición de vacinas, o usuario/a deberase poñer en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

A data de petición, os datos de identificación do punto de vacinación, así como a xefatura territorial de Sanidade a quen se realiza o pedido aparecen por defecto*.

*Os centros nos que se ubican varios puntos de vacinación, deberán seleccionar o punto concreto para o que se solicitan as vacinas.

Selección da vacina:
No campo VACINA débese seleccionar: GRIPE ESTACIONAL. Ao premer en gripe estacional, aparecen os nomes comerciais: Chiromas®, Flucelvax tetra® e VaxigripTetra®.

No recadro en branco que figura ao lado de cada unha delas, débese cubrir o número de doses necesarias.

NOTA: É imprescindible cubrir a cantidade solicitada das tres vacinas. No caso de que, dunha delas non se soliciten doses, haberá que poñer un cero (0) na cantidade. Estes dous campos son obrigatorios e non deixará gravar a solicitude no caso de que ún deles estea en branco.

A petición realizada aparece na parte inferior como Gripe Estacional, e o detalle das vacinas solicitadas figura no campo: “Pedido gripe”. De querer suprimir a petición desta vacina, pulse “eliminar”, no caso contrario pulse “Gravar”.

Confirmación e impresión de petición de vacinas
Se o pedido se gravou correctamente, aparecerá a seguinte mensaxe:
Existe a posibilidade de imprimir, abrir ou gardar a petición en pdf.

 

 

Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade
 
A Coruña
Tel.: 981 155 822 - 981 082 250
Fax: 981 155 725
Correo electrónico: corunavacinas.dlpc@sergas.es

Lugo
Tel.: 982 292 117 - 982 292 113
Fax: 982 292 115
Correo electrónico: xtlu_vacinas@sergas.es

Ourense
Tel.: 988 066 347 - 988 066 332
Fax: 988 066 302
Correo electrónico: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

Unidade de Pontevedra
Tel.: 986 885 881 - 986 885 826 - 986 885 824
Fax: 986 885 802
Correo electrónico: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

Unidade de Vigo
Tel.: 986 817 724 - 986 817 233
Fax: 986 817 627
Correo electrónico: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es