Por un procedemento científico complexo
O virus da gripe cambia constantemente polo que a composición da vacina débese actualizar cada ano: este cambio non se fai ao azar se non que é un procedemento científico complexo. Para elo máis de 100 centros nacionais de distintos países manteñen unha vixilancia da gripe durante todo o ano: estúdanse mostras de miles de pacientes con gripe e os virus más frecuentes envíanse aos cinco Centros de Referencia e Investigación da Organización Mundial da Saúde:
Atlanta,Georgia, EE. UU. (Centros para el Control y la Prevención de Enfermedades, CDC);
Londres, Reino Unido (The Francis Crick Institute);
Melbourne, Australia (Victoria Infectious Diseases Reference Laboratory);
Tokio, Japón (National Institute for Infectious Diseases);
Pekín, China (National Institute for Viral Disease Control and Prevention).
Neses centros revísanse os resultados tanto da vixilancia, coma dos laboratorios, estudos clínicos e dispoñibilidade dos virus para a vacina. Dúas veces ao ano, a OMS organiza unha reunión onde se fan as recomendacións para a composición da vacina antigripal tanto para o hemisferio norte como para o hemisferio sur. En base a estas recomendacións, cada país toma a decisión sobre que virus incluirá na vacina ese ano.
Para as vacinas trivalentes definíronse 3 subtipos de virus da gripe : dúas cepas de virus A (H1N1 e H2N2) e unha B.
Para as vacinas tetravalentes inclúese un segundo subtipo de virus B.
Os fabricantes de vacinas requiren un mínimo de 6 meses desde a elección do virus ata o envío da vacina.