Vacinarse é a medida principal para evitar a enfermidade.
Lavar as mans con frecuencia é a medida de hixiene máis importante. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.
• Vacínese. A gripe, e principalmente as súas complicacións, o risco de hospitalización e morte, se reducen mediante a vacinación.
• Lave as mans con frecuencia. Esta é a principal medida de hixiene. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.
• Ensine aos seus fillos e fillas a lavar as mans con frecuencia con auga e xabón, como mínimo durante 40 segundos e ata aproximadamente 1 minuto.
• Lembre que se vostede o fai será un bo exemplo.
• Estas gotiñas tamén poden depositarse en superficies (de mobles, tiradores de portas, obxectos etc.), onde o virus pode permanecer de horas a días: por iso é importante limpar máis frecuentemente (a diario) estas superficies cos produtos de limpeza habituais.
• Tape a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar.
• Recorde evitar tocar os ollos, o nariz e a boca xa que son posibles vías de contaxio.
• Utilice panos desbotables. Se non os ten a man, pode tusir ou esbirrar contra a parte interna do cóbado.
• Mentres estea enfermo, evite o contacto estreito con outras persoas especialmente se presentan algún factor de risco.
• Se está con gripe: quede na casa ata pasar 24 horas sen febre e sen tomar medicamentos que a baixen, a non ser que o seu médico lle faga outra recomendación.
• Pense que no caso de que o enfermo precise saír da casa, se usase unha máscara cirúrxica podería evitar contaxiar aos demais.
