Quen debe vacinarse?

Persoas con risco de complicacións.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.

Persoas con risco de complicacións

• Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial fincapé na vacinación das persoas de 65 ou máis anos.
• Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.
• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye.
• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha das seguintes patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe:

- Enfermidades do sistema cardiovascular.
- Enfermidades respiratorias (inclúe asma, displasia broncopulmonar, fibrose cística...).
- Enfermidades neurolóxicas.
- Persoas con diabetes mellitus.
- Persoas con obesidade mórbida (índice de masa corporal ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).
- Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.
- Hemoglobinopatías e anemias.
- Hemofilia e trastornos hemorráxicos crónicos, así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples.
- Asplenia ou disfunción esplénica.
- Enfermidades hepáticas crónicas, incluíndo alcoholismo crónico.
- Enfermidades neuromusculares graves.
- Pacientes con inmunosupresión (incluída a causada polo VIH, por fármacos -incluíndo tratamento con eculizumab- ou nos receptores de transplantes.
- Cancro e hemopatías malignas.
- Trastornos e enfermidades que implican disfunción cognitiva (síndrome de Down, parálise cerebral, demencias…).
- Persoas portadoras de implantes cocleares ou en espera.
- Persoas con fístulas de LCR
- Enfermidade celíaca.
- Enfermidade inflamatoria crónica.

Nestes grupos farase un especial fincapé nas persoas que precisen seguimento médico periódico ou as hospitalizadas no ano previo.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións

• Todos os traballadores de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, tanto de atención primaria como de especializada, públicos ou privados, con especial énfase naqueles que atenden pacientes de alto risco.
• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
• Persoas que traballan en institucións pechadas ou en centros de atención a enfermos crónicos, especialmente as que teñan contacto continuo con persoas vulnerables.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou a persoas maiores.
• Membros da familia e conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade: forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil, emerxencias sanitarias, traballadores de institucións penitenciarias e outros centros de internamento por resolución xudicial (centros de acollida de inmigrantes...)
• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres. A finalidade é reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviar ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre ambos os virus.

 

Recomendacións do Ministerio de Sanidade.