A vacinación no paciente oncolóxico

Recoméndase a vacinación anual antigripal en todos os pacientes oncolóxicos así como os seus convivintes e coidadores

Dada a importancia da vacinación dos doentes con enfermidades oncolóxicas e a baixa adherencia de estes pacientes á vacinación (< 30%) publicase a colaboración recibida dende os servizos de Oncoloxía e Medicina Interna do Hospital Doce de Octubre. Nela, os seus autores, Carmen Díaz-Pedroche e Luis Paz-Ares Rodriguez, reflicten a necesidade de vacinar tanto a estes pacientes coma aos seus convivintes e especialmente ao persoal sanitarios que os coidan. Así como a seguridade da vacina neste sector da poboación.

O ideal sería vacinar antes da quimioterapia, de non ser posible, vacinar a partir do 7º día postquimioterapia.

Vacinacion antigripal pacientes oncoloxicos.pdfVacinación antigripal pacientes oncolóxicos.pdf