Información básica da campaña

Novidades:

- Ampliación do uso de vacinas tetravalentes e adxuvada
- Vacinación en prematuros
- Vacinación en persoas con calquera trastorno da coagulación

DATAS DE INICIO E FIN DA CAMPAÑA

​• Data inicio: 14 de outubro

• Data finalización: 27 de decembro.

 

NOVIDADES MÁIS SALIENTABLES

​• Utilización de 3 tipos de vacinas:

- Adxuvada para persoas de 65 e máis anos.

- Vacina tetravalente cultivada en liñas celulares para mulleres embarazadas e outras persoas de risco entre 15 e 64 anos.

- Tetravalente para poboación infantil entre 6 meses e 14 anos.

​• Vacinación en prematuros.

​• Vacinación en persoas con calquera trastorno da coagulación.

 

ADMINISTRACIÓN DA VACINA FRONTE Á GRIPE

Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.

 

POBOACIÓN DIANA

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos.

• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).

• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.

• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.

• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).

• Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.

• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.

• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.

• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.

• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.

• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.

 

VACINAS DA CAMPAÑA

• Chiromas®: para persoas de 65 ou máis anos.

• Flucelvax Tetra®: para mulleres embarazadas e para persoas de calquera outro grupo de risco con idade entre 15 e 64 anos.

• Vaxigrip Tetra®: para a poboación infantil entre os 6 meses e os 14 anos.

 

PAUTA DE VACINACIÓN

• Unha dose (agás nos menores de 9 anos, que poden necesitar dúas)

 

DISTRIBUCIÓN DE VACINAS:

Carga inicial

• Os centros pertencentes ao Sergas recibirán unha carga inicial de doses sen ter que solicitala.

• Os restantes centros deberán solicitar a carga inicial das diferentes vacinas á xefatura territorial da Consellería de Sanidade correspondente.

Días de distribución

• 14 - 25 de outubro: martes/mércores/venres.

• 28 outubro - 8 de novembro: martes/xoves.

• A partir do 11 de novembro: xoves.

 

SISTEMÁTICA DE PETICIÓNS

Prema nesta ligazón https://n9.cl/fog5

 

REXISTRO DE DOSES

• Centros pertencentes á rede Sergas: modulo habilitado en IANUS.

• Restantes centros: vía web. Prema nesta ligazón https://n9.cl/fog5​

 

TELÉFONOS DE CONTACTO

Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

• A Coruña: corunavacinas.dlpc@sergas.es

981 155 822 / 981 082 261

• Lugo: xtlu_vacinas@sergas.es

982 292 117 / 982 292 113

• Ourense: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

988 066 347 / 988 066 332

• Pontevedra: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 885 881 / 986 885 824 / 986 885 826

• Vigo: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 817 724 / 986 817 233

 

EOXI (estructura organizativa de xestión integrada)

• A Coruña-Cee: 981 178 000 Ext. 297 211 / 291 023

• Ferrol: 981 334 018 / 234 573

• Santiago-Barbanza: 250 480

• Lugo-Cervo e Monforte de Lemos: 536 299

• Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras: 566 439

• Pontevedra-O Salnés: 986 807 011 / 287 011 / 649 475 785

• Vigo: 619 606 625

 

 

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio