Información básica da campaña

Información destacada da campaña

DATAS DE INICIO E FIN DA CAMPAÑA

​• Data inicio: 22 de outubro

• Data finalización: 28 de decembro

 

NOVIDADES MÁIS SALIENTABLES

​• Utilización de vacina tetravalente para as mulleres embarazadas e menores de 15 anos pertencentes a grupos de risco.

​• O persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde poderá vacinarse desde o 15 de outubro, 1 semana antes do inicio da campaña.

​• Para un mellor seguimento da campaña publicaranse informes mensuais para profesionais sanitarios sobre a cobertura de vacinación da súa cota.

 

ADMINISTRACIÓN DA VACINA FRONTE Á GRIPE

Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.

 

POBOACIÓN DIANA

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos.

• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).

• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.

• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.

• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).

• Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.

• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.

• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.

• Persoas que proporciona coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.

• Membros da familia e conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.

• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.

 

VACINAS DA CAMPAÑA

• VaxigripTetra®: mulleres embarazadas e persoas de 6 meses a 14 anos pertencentes a grupos de risco.

• Afluria®: persoas de 15 anos a 74 anos.

• Chiromas®: persoas de 75 ou máis anos e as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos.

 

PAUTA DE VACINACIÓN

• Unha dose (agás nos menores de 9 anos, que poden necesitar dúas)

 

DISTRIBUCIÓN DE VACINAS:

Carga inicial de doses

• Os centros pertencentes ao Sergas recibirán unha carga inicial de doses sen ter que solicitala.

• Os restantes centros (hospitais privados, centros médicos privados, residencias...) deberán solicitar a carga inicial das diferentes vacinas á xefatura territorial da Consellería de Sanidade correspondente.

Días de distribución

• 22 de outubro - 2 de novembro: martes/mércores/venres.

• 5 - 16 de novembro: martes/xoves.

• A partir do 19 de novembro: xoves.

 

SISTEMÁTICA DE PETICIÓNS

Prema nesta ligazón https://goo.gl/9Hco69

 

REXISTRO DE DOSES

• Centros pertencentes á rede Sergas: modulo habilitado en IANUS.

• Restantes centros: vía web. Prema nesta ligazón https://goo.gl/1qxDMG

 

TELÉFONOS DE CONTACTO

Xefaturas territoriais da Dirección Xeral de Saúde Pública

• A Coruña: corunavacinas.dlpc@sergas.es

981 155 822 / 981 082 261

• Lugo: xtlu_vacinas@sergas.es

982 292 117 / 982 292 113

• Ourense: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

988 066 347 / 988 066 332

• Pontevedra: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 885 826 / 986 885 824 / 986 885 826

• Vigo: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

986 817 724 / 986 817 233 / 986 817 232

 

EOXI (estructura organizativa de xestión integrada)

• A Coruña-Cee: 696 384 070 / 460 433 / 297 211

• Ferrol: 981 334 018

• Santiago-Barbanza: 250 480

• Lugo-Cervo-Monforte: 982 296 130

• Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras: 988 066 439

• Pontevedra-O Salnés: 986 807 011

• Vigo: 619 606 625 / 463 943 / 986 816 465