É unha das vacinas máis seguras
É imposible que cause a gripe
É unha das máis seguras e que reúne a menor taxa de notificacións de efectos adversos.
Os efectos adversos son pouco frecuentes e, cando aparecen, adoitan ser
leves, locais e de curta duración, o máis frecuente é a reacción local no lugar da inxección e habitualmente desaparecen sen necesidade de tratamento. Ás veces, pode aparecer febre, malestar e dores musculares (1-2 días).
Estase empregando desde hai máis de 60 anos e xa se administraron máis de
1.000 millóns de doses.
Non provoca gripe: As vacinas antigripais utilizadas conteñen soamente
virus inactivados (NON INFECCIOSOS) ou fragmentos de virus, polo que
é IMPOSIBLE que cause a gripe.
Máis información sobre a seguridade da vacina nos seguintes enlaces:
https://espanol.cdc.gov/enes/flu/prevent/general.htm
https://www.vacunas.org/seguridad-vacunal-gripe/