O informe completo pódese consultar na seguinte ligazón
Os indicadores de cualificación da actividade gripal da tempada 2020/21 pódense consultar nesta ligazón
Na semana 13, estes indicadores de actividade gripal foron os seguintes:
Intensidade: Basal
Tendencia: Estable
Difusión: Nula
A vixilancia da gripe estacional faise a través de tres sistemas diferentes:
- rexistros informatizados de gripe na atención primaria do Sergas, que se capturan semanalmente de xeito automático
- información microbiolóxica, que se recibe semanalmente no servizo de epidemioloxía, procedente dos servizos de microbioloxía do CHUAC, CHUO, CHOUP e CHUVI. Pódense consultar recomendacións para a toma e envío de mostras na seguinte ligazón
- ingresos hospitalarios con gripe confirmada, que os servizos de medicina preventiva dos hospitais públicos galegos rexistran directamente nunha aplicación ad hoc, e os hospitais privados fano a través dunha folla de rexistro e unha ficha (ligazón)
O obxectivo fundamental é obter unha visión ampla do comportamento da enfermidade e dos virus gripais circulantes.