Procedemento de solicitude de vacinas

Acceso á páxina de solicitude de vacinas.

Procedemento de solicitude de vacinas

Acceso á páxina de solicitude de vacinas.

As peticións realizaranse a través da seguinte ligazón, ao igual que as restantes peticións de vacinas:

Prema nesta ligazón

https://extranet.sergas.es/vaweb/VAWEB/AccesoPeticionesVacunas.aspx?IdPaxina=700263&seccion=0

Todos os usuarios/as deberán ter habilitado o permiso correspondente para realizar a petición de vacinas. Para solicitalo por primeira vez, deberán poñerse en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente (os datos de contacto figuran ao final deste documento).

Ao premer na ligazón accederase á seguinte páxina, na que se seleccionará a opción que proceda: “Acceso usuario” ou “Acceso certificado”.


Proceso-vacina-1.jpg

Centros pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

Os usuarios/as habilitados accederán introducindo o nome de usuario e o contrasinal que utilizan habitualmente para os equipos do Sergas.

Restantes centros

Deberán acceder ao sistema mediante o certificado dixital.

No caso de que aconteza calquera circunstancia que impida realizar a petición de vacinas, o usuario/a deberase poñer en contacto coa xefatura territorial de Sanidade correspondente.

Xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade

A Coruña
Tel.: 981 155 822 - 981 082 261
Fax: 981 155 725
Correo electrónico: corunavacinas.dlpc@sergas.es

Lugo
Tel.: 982 292 117 - 982 292 113
Fax: 982 292 115
Correo electrónico: xtlu_vacinas@sergas.es

Ourense
Tel.: 988 066 347 - 988 066 332
Tel.: 988 066 347 - 988 066 332
Fax: 988 066 302
Correo electrónico: vacinas.sanidade.ourense@sergas.es

Unidade de Pontevedra
Tel.: 986 885 826 - 986 885 824
Fax: 986 885 802
Correo electrónico: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

Unidade de Vigo
Tel.: 986 817 724 - 986 817 233
Fax: 986 817 627
Correo electrónico: vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

A data de petición, os datos de identificación do punto de vacinación, así como a xefatura territorial de Sanidade a quen se realiza o pedido aparecen por defecto*.

*Os centros nos que se ubican varios puntos de vacinación, deberán seleccionar o punto concreto para o que se solicitan as vacinas.

Selección da vacina:

No campo VACINA débese seleccionar: GRIPE ESTACIONAL. Ao premer en gripe estacional, aparecen os nomes comerciais: Chiroflu® e Intanza 15®.

No recadro en branco que figura ao lado de cada unha delas, débese cubrir o número de doses necesarias de Chiroflu®, de Intanza 15® ou de ambas e pulsar “Engadir”.

NOTA: É imprescindible cubrir a cantidade solicitada das dúas vacinas. No caso de que, dunha delas non se soliciten doses, haberá que poñer un cero (0) na cantidade. Estes dous campos son obrigatorios e non deixará gravar a solicitude no caso de que ún deles estea en branco.

A petición realizada aparece na parte inferior como Gripe Estacional, e o detalle das vacinas solicitadas figura no campo: “Pedido gripe”. De querer suprimir a petición desta vacina, pulse “eliminar”, no caso contrario pulse “Gravar”.

Confirmación e impresión de petición de vacinas

Se o pedido se gravou correctamente, aparecerá a seguinte mensaxe:
Existe a posibilidade de imprimir, abrir ou gardar a petición en pdf.

Outras funcionalidades
Pódese obter outro tipo de información, seleccionando a consulta que interesa no submenú situado na parte superior dereita da pantalla de peticións:

“Consulta peticións ”
Para consultar as peticións realizadas e o seu estado de tramitación.

“Consulta de movementos”
Aparece a relación de vacinas entregadas ao centro.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio