Quen debe vacinarse?

Persoas con risco de complicacións.

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.

Outras persoas nas cales se recomenda a vacinación.​​​

AQUELAS PERSOAS QUE TEÑEN MAIOR RISCO DE PRESENTAR COMPLICACIÓNS EN CASO DE TEREN UNHA GRIPE:

• Persoas de 60 ou máis anos, realizando especial énfase na vacinación das persoas de 65 ou máis anos.
• Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.
• Nenos e adolescentes (de 6 ​meses a 18 anos) que reciben tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye.
• Nenos entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (<32 semanas de xestación).
• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con algunha das seguintes patoloxías:

- Enfermidades do sistema cardiovascular.
- Enfermidades respiratorias (inclúe asma, displasia broncopulmonar, fibrose cística...).
- Enfermidades neurolóxicas.
- Persoas con diabetes mellitus.
- Persoas con obesidade mórbida (índice de masa corporal  ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3 DS na infancia).
- Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica.
- Hemoglobinopatías e anemias.
- Persoas con trastornos da coagulación.
- Hemofilia e trastornos hemorráxicos crónicos así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples.
- Asplenia ou disfunción esplénica.
- Enfermidades hepáticas crónicas, incluíndo alcoholismo crónico.
- Enfermidades neuromusculares graves.
- Pacientes con inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e a causada pola infección por VIH, por fármacos -incluíndo tratamento con eculizumab- nos receptores de transplantes e déficit de complemento).
- Cancro e hemopatías malignas.
- Trastornos e enfermidades que implican disfunción cognitiva (síndrome de Down, parálise cerebral, demencias …).
- Persoas portadores de implantes cocleares ou en espera.
- Persoas con fístulas de LCR.
- Enfermidade celíaca.
- Enfermidade inflamatoria crónica.

Nestes grupos farase un especial énfase naquelas persoas que precisen seguimento médico periódico ou aquelas hospitalizados no ano previo.

 

PERSOAS QUE LLES PODEN TRANSMITIR A GRIPE A PERSOAS CON ALTO RISCO DE PRESENTAR COMPLICACIÓNS

• Todos os traballadores de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, tanto de atención primaria como de especializada, públicos ou privados, así como persoal de oficinas de farmacia. Farase especial énfase naqueles que atenden a pacientes de alto risco.
• Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos, especialmente as que teñan contacto continuo con persoas vulnerables.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou a persoas maiores.
• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

 

OUTRAS PERSOAS NAS CALES SE RECOMENDA A VACINACIÓN

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade: forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil, emerxencias sanitarias, traballadores de institucións penitenciarias e outros centros de internamento por resolución xudicial (centros de acollida de inmigrantes...).
• Traballadores expostos directamente as aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres. A finalidade é reducir a oportunidade dunha infección concomitante de virus humano e aviar ou porcino, diminuíndo a posibilidade de recombinación ou intercambio xenético entre ambos virus.​​​​​

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio